miércoles, 14 de abril de 2010

EXCURSIÓN A SANTIAGO


O día 27 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP do PINDO, acompañados polos mestres, faremos unha excursión a Santiago de Compostela. Pola mañá visitaremos a Escola de Prevención de riscos laborais e despois comeremos no parque de bólas "A Selva". Pola tarde iremos ao cine, para probar as sensacións do novo cine en 3D. Agardamos que vos guste e disfrutedes a tope!
Pinchade na foto e veredes información sobre Santiago de Compostela.

11 comentarios:

  1. Ola son Manuel de sexto que pelicula imos a ver en 3D?

    ResponderEliminar
  2. hola son Hugo ata que hora imos estar en Santiago?

    ResponderEliminar
  3. ola son claudia vamos ver Alicia en el país de las Maravillas ??

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. son maría , seguro que o pasamos moi ben =)

    ResponderEliminar
  6. Hola son Adriana de sexto.É seguro que imos ver a pelicula?

    ResponderEliminar
  7. ola son alba e creo qe o imos pasar moi bn

    ResponderEliminar
  8. Ola, son Violeta, a toda a aula nos encanta o Blog, e moi interesante ter as novas do cole deste xeito, aínda que tivemos problema para acceder ao mesmo, pois nos carteis que hai polo centro, falta una / no enderezo, e non nos remitía á páxina. Ánimo e a seguir traballando!!!

    ResponderEliminar
  9. Ola rapaces de 6º
    Todo o equipo de AAEECC estamos encantados con que vos guste o blog. Ante todo decirvos que o blog naceu por e para vos, para informarvos e para recoller as vosas opinións. Deste xeito poderemos adaptar moito mellor as actividades do centro aos vosos gustos e ás vosas opinións. Estamos moi contentos de tervos aquí. Benvidos e seguide participando. Graciñas.

    ResponderEliminar
  10. Ola Manuel
    Preguntasnos no Blog a película que imos ver. Por agora non o sabemos pois ata o xoves 22 non pechan a cartelera da semana seguinte. De todos os xeitos, unha vez nos comuniquen as pelis que estarán en carte o día 27 consultarémosvos para que opinedes. Graciñas pola túa colaboración

    Ola Hugo
    Estaremos en Santiago ata a hora que remate a película que será sobre as cinco e media ou seis. Despois emprenderemos regreso ao Pindo.Grazas Hugo por participar no Blog.

    Ola Adriana
    Si, seguro que imos ao cine e intentaremos que sexa en 3D, pero todo depende da cartelera. Non vos preocupedes, teremosvos informados.Graciñas pola túa colaboración.

    Ola Claudia
    O mesmo que dixen anteriormente. Non sabemos as pelis ata que o xoves 22 pechen a cartelera.Graciñas por escribir.

    Graciñas a todos por participar.

    ResponderEliminar