
O próximo martes, 27 de abril viaxaremos, como tiñamos previsto, a Santiago para facer a nosa visita trimestral. Lembrade que pola mañá visitaremos a Escola de Prevención de Riscos (ensinarannos educación vial, ergonomía, os perigos que debemos evitar nas cociñas da casa). Despois de comer no parque infantil " A Selva" iremos ao cine. Os nenos de Ed. Infantil e 1º Ciclo verán "Como entrenar a tu dragón" en 2D e os rapaces de 2º e 3º Ciclo verán "Alicia" en 3D. Disfrutade moito e pasédeo ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario