lunes, 31 de mayo de 2010

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


O día Mundial do Medio Ambiente celébrase, cada ano, o día 5 de xuño, dende o ano 1973. Este día foi establecido pola ONU para sensibilizar á cidadanía coa problemática medioambiental. Cada ano un país diferente é o anfitrión deste día cun lema distinto para fomentar a conservación da natureza.
O lema deste ano é "Moitas especies. Un planeta. Un futuro". Debemos ser conscientes de que a tasa de extinción de especies é aínda moi alta pese ao esforzo de gobernos e autoridades por conservalas. Así debemos promover a consevación da nosa biodiversidade: facendo plantación de árboles , campañas comunitarias de limpeza, ruta de observación de aves, e moito máis...
Ruanda será, o próximo 5 de xuño de 2010, o anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente.
ANÍMATE A CONSERVAR A NOSA NATUREZA.

domingo, 30 de mayo de 2010

HORARIO DE VERÁN A PARTIR DO 1 DE XUÑO NO CEIP DO PINDO


As vacacións estanse acercando e proba disto é que xa estamos no mes de xuño. A partires do martes 1 de xuño o horario do noso centro cambia e teremos de novo, como xa o fixemos no mes de setembro, xornada só de mañá. As clases comezarán á mesma hora, 9.30h. e rematarán ás 14.30h. Non esquezades traer unha pequena merenda para os recreos. Lembrade que froita, lácteos e bocadillo son a mellor opción.

martes, 25 de mayo de 2010

DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS NO CEIP DO PINDO

O pasado 16 de maio, na semana da conmemoración das letras galegas, celebramos o Día dos Xogos Tradicionais. Os nenos xogaron aos xogos dos nosos avós, algúns deles por primeira vez. Os rapaces pasarono en grande xogando á mariola, facendo carreiras de sacos, circuitos de chapas, camiñaron en zancos, xogaron á corda... e moito máis. Aquí tedes as fotos para lembrar este día.

lunes, 24 de mayo de 2010

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A CORRUBEDO

O pasado 20 de maio os rapaces e rapazas do CEIP do PINDO cos seus mestres visitamos o Parque Natural das Dunas de Corrubedo, o Dolmen de Axeitos e o Castro de Baroña. Tivemos moi bo tempo, quizais demasiado bo, porque o calor foi abafante pero, o importante é que o pasamos xenial, verdade rapaces? Pois aquí rematan as excursións por este curso. Para o próximo, moito máis. Aquí vos quedan unhas fotos para que non esquezades a viaxe. Esperamos que vos gusten.

PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NO CONCELLO DE CEE



Tamén tivemos premiados no concurso literario que organiza a Biblioteca Municipal de Cee "Achegamento ao libro" con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado 23 de abril. Das 500 obras presentadas Segio Cambeiro, de 4º de primaria resultou gañador absoluto na súa categoria. Tamén recibiron sendos Accésits Alba García de 6º de primaria e Javier Casal de 2º. Noraboa rapaces.

PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NO CONCELLO DE CARNOTA



Os rapaces do noso centro tamén participaron no Concuro Literario que organiza todos os anos o Concello de Carnota co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Tamén neste concurso houbo sorte e dous dos nosos alumnos conseguiron o premio. Nos traballos que pertencían ao 2º ciclo resultou gañador Juan Formoso de 3º de primaria e no 3º Ciclo, acadou o premio Adrián Mouzo de 5º de primaria. Noraboa rapaces.

PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NA A.C.D.R. PEDRAMAR



A ACDR Pedramar do Pindo convocou un concurso literario co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Os nenos do CEIP do PINDO participaron cun grande entusiasmo neste concurso acadando varios premios. Resultaron gañadores no 1º ciclo de primaria Aynara Sanli e Cristina Rey. No 2º ciclo, acadaron premio Juan Formoso e Carlos González. No 3º ciclo de primaria resultaron gañadores Paula Casais e Alba García. Noraboa a todos. Tendes máis información no blog da asociación.

XABIER CASTRO LADO,do CEIP do PINDO, 3º CLASIFICADO NA III CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES


Xabier Castro Lado, do 5º curso de primaria do CEIP do PINDO, acadou o 3º lugar na Carreira Pedestre que organiza o Concello de Outes. Esta é xa a III edición desta actividade que se celebrou o pasado 17 de maio neste concello e que na Categoria B, na que participou Xabier, constaba de 1000m. Xabier acadou o 3º posto cun tempo de 3:55. Xabi trouxonos o seu trofeo ao cole para que todos os que non estivemos na carreira o poidesemos ver.Noraboa Xabi, segue así. Algún día esperamos verte nas Olimpiadas. Tendes máis información sobre esta noticia no blog de EF do centro.

jueves, 13 de mayo de 2010

DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS


Dentro da Semana das Letras Galegas, o xoves 13 de maio imos celebrar o Día dos Xogos Tradicionais no CEIP do PINDO. Pola tarde, despois de ler un manifesto de apertura, levaremos a cabo o"Roteiro dos Xogos Tradicionais". A continuación, e por ciclos, todos os rapaces faran unha pequena exhibición das súas habilidades co Trompo. Os máis pequenos do cole tamén participarán coas súas piolas.E xa sabedes rapaces, A PASALO BEN!

jueves, 6 de mayo de 2010

A REBELIÓN NERIA



Hoxe, xoves 6 de maio ás 20.30h, no CEIP do PINDO presentarase o libro-cómic "A rebelión Neria". A continuación, e como remate a este acto, actuará a Coral Polifónica Neria" de Cee. Agardamos que sexa do agrado de todos.

EXCURSIÓN A RIBEIRA


O próximo 20 de maio @s rapac@s e mestr@s do CEIP do PINDO viaxaremos ao Concello de Ribeira como excursión de fin do curso 2009-2010. Nesta viaxe visitaremos pola mañá o "Parque Natural das Dunas de Corrubedo", grazas á Consellería de Medio Rural. Despois de comer no parque, pola tarde visitaremos o Dolmen de Axeitos. Esperamos que o pasedes moi ben e disfrutedes desta última excursión. Estades preparados...

UXÍO NOVONEYIRA - LETRAS GALEGAS 2010


Este ano 2010, o día das Letras Galegas está adicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA. No CEIP do PINDO, ímoslle facer unha homenaxe durante a Semana das Letras Galegas (10 ao 14 de maio)con distintas actividades. O luns ignaugúrase unha exposición sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra, o martes proxectarase unha película en galego, o mércores faremos un roteiro poético, o xoves realizaremos un circuito de xogos tradicionais e o venres, Festa das Letras Galegas. Acudiremos ao Concello de Carnota ao concurso literario e moito máis...