martes, 13 de abril de 2010

CONCHA BLANCO visita o CEIP DO PINDO


"O próximo 22 de abril, a escritora Concha Blanco visitará o noso centro. Esta actividade forma parte da celebración da Semana do Libro na nosa escola, que se celebrará entre o luns 19 de abril e o venres 23 de abril. Ademais, levaremos a cabo exposicións, concursos narrativos, elaboración de marcapáxinas... e moito máis. Estade atentos. Pinchade a foto para saber máis sobre Concha Blanco.

4 comentarios:

  1. ola son alba e espro qe concha o pase bn no noso cole e nos con ela tamen espro qe lle guste o noso poema a concha

    ResponderEliminar
  2. Ola Alba
    Pareceunos unha boa idea traer un escritor, neste caso escritora, ao cole. Despois de ler libros e máis libros, pensamos que sería interesante poder compartir un libro coa súa autora.Así ela terá a oportunidad de contarvos moitas cousas de cómo o escribiu e vós poderedes preguntarlle todo o que se vos ocurra. Agardamos que o disfrutedes. Grazas por participar Alba.

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Javier
    Nós estamos lendo libros de Concha Blanco no cole. A verdade é que me gustan moitísimo os libros dela. O que a min me gusta deles son as aventuras que teñen os personaxes. O libro que máis me gusta é a "Disco ecoloxista". Gustariame que me firmara o libro de "A casa de cartón".

    ResponderEliminar
  4. Ola Javier
    Grazas por participar no Blog. Xa falta pouco para que veña Concha Blanco. Non esquezas traer os libros que teñas dela ese día pois, seguramente non terá ningún invonvinte en firmarchos. Animo e a seguir parcipando.

    ResponderEliminar