
"O próximo 22 de abril, a escritora Concha Blanco visitará o noso centro. Esta actividade forma parte da celebración da Semana do Libro na nosa escola, que se celebrará entre o luns 19 de abril e o venres 23 de abril. Ademais, levaremos a cabo exposicións, concursos narrativos, elaboración de marcapáxinas... e moito máis. Estade atentos. Pinchade a foto para saber máis sobre Concha Blanco.

