jueves, 15 de julio de 2010
lunes, 28 de junio de 2010
martes, 22 de junio de 2010
FIN DE CURSO - FELIZ VERÁN
Acaba o curso. Hoxe día 22 de de xuño é o último día do curso 2009/2010. Os alumnos recolledes as notas entre as 9.30h e as 12.00h, funcionando o transporte escolar neste horario. Agardamos que todos teñades un grato recordo deste curso. Algúns mestres non estaremos o próximo curso pero todos vos lembraremos despois de compartir algúns anos da nosa vida con todos vós. Outros permanecen no centro e volveredes velos o próximo curso. Ningún de nós vos esquecerá. DESEXÁMOSVOS A TODOS UNHAS FELICES VACACIÓNS DE VERÁN. ATA SEMPRE
jueves, 10 de junio de 2010
CURIOSIDADES - APARECE O ZAPATO MÁIS ANTIGO DO MUNDO
Arqueólogos acaban de atopar en Armenia, preto da fronteira con Turquía, o zapato máis antigo do mundo que data de hai 5.500 anos.O zapato de talla pequena, aproxidamente un nº 37 europeo, pertence ao pé dereito. Esta feito cunha peza de pel e rechea de herba seca. Non se sabe se pertenceu a un home ou a unha muller. Se queredes máis información pinchade aquí.
lunes, 31 de mayo de 2010
5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O día Mundial do Medio Ambiente celébrase, cada ano, o día 5 de xuño, dende o ano 1973. Este día foi establecido pola ONU para sensibilizar á cidadanía coa problemática medioambiental. Cada ano un país diferente é o anfitrión deste día cun lema distinto para fomentar a conservación da natureza.
O lema deste ano é "Moitas especies. Un planeta. Un futuro". Debemos ser conscientes de que a tasa de extinción de especies é aínda moi alta pese ao esforzo de gobernos e autoridades por conservalas. Así debemos promover a consevación da nosa biodiversidade: facendo plantación de árboles , campañas comunitarias de limpeza, ruta de observación de aves, e moito máis...
Ruanda será, o próximo 5 de xuño de 2010, o anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente.
ANÍMATE A CONSERVAR A NOSA NATUREZA.
domingo, 30 de mayo de 2010
HORARIO DE VERÁN A PARTIR DO 1 DE XUÑO NO CEIP DO PINDO
As vacacións estanse acercando e proba disto é que xa estamos no mes de xuño. A partires do martes 1 de xuño o horario do noso centro cambia e teremos de novo, como xa o fixemos no mes de setembro, xornada só de mañá. As clases comezarán á mesma hora, 9.30h. e rematarán ás 14.30h. Non esquezades traer unha pequena merenda para os recreos. Lembrade que froita, lácteos e bocadillo son a mellor opción.
martes, 25 de mayo de 2010
DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS NO CEIP DO PINDO
O pasado 16 de maio, na semana da conmemoración das letras galegas, celebramos o Día dos Xogos Tradicionais. Os nenos xogaron aos xogos dos nosos avós, algúns deles por primeira vez. Os rapaces pasarono en grande xogando á mariola, facendo carreiras de sacos, circuitos de chapas, camiñaron en zancos, xogaron á corda... e moito máis. Aquí tedes as fotos para lembrar este día.
lunes, 24 de mayo de 2010
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A CORRUBEDO
O pasado 20 de maio os rapaces e rapazas do CEIP do PINDO cos seus mestres visitamos o Parque Natural das Dunas de Corrubedo, o Dolmen de Axeitos e o Castro de Baroña. Tivemos moi bo tempo, quizais demasiado bo, porque o calor foi abafante pero, o importante é que o pasamos xenial, verdade rapaces? Pois aquí rematan as excursións por este curso. Para o próximo, moito máis. Aquí vos quedan unhas fotos para que non esquezades a viaxe. Esperamos que vos gusten.
PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NO CONCELLO DE CEE
Tamén tivemos premiados no concurso literario que organiza a Biblioteca Municipal de Cee "Achegamento ao libro" con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado 23 de abril. Das 500 obras presentadas Segio Cambeiro, de 4º de primaria resultou gañador absoluto na súa categoria. Tamén recibiron sendos Accésits Alba García de 6º de primaria e Javier Casal de 2º. Noraboa rapaces.
PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NO CONCELLO DE CARNOTA
Os rapaces do noso centro tamén participaron no Concuro Literario que organiza todos os anos o Concello de Carnota co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Tamén neste concurso houbo sorte e dous dos nosos alumnos conseguiron o premio. Nos traballos que pertencían ao 2º ciclo resultou gañador Juan Formoso de 3º de primaria e no 3º Ciclo, acadou o premio Adrián Mouzo de 5º de primaria. Noraboa rapaces.
PREMIADOS DO CEIP DO PINDO NA A.C.D.R. PEDRAMAR
A ACDR Pedramar do Pindo convocou un concurso literario co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Os nenos do CEIP do PINDO participaron cun grande entusiasmo neste concurso acadando varios premios. Resultaron gañadores no 1º ciclo de primaria Aynara Sanli e Cristina Rey. No 2º ciclo, acadaron premio Juan Formoso e Carlos González. No 3º ciclo de primaria resultaron gañadores Paula Casais e Alba García. Noraboa a todos. Tendes máis información no blog da asociación.
XABIER CASTRO LADO,do CEIP do PINDO, 3º CLASIFICADO NA III CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES
Xabier Castro Lado, do 5º curso de primaria do CEIP do PINDO, acadou o 3º lugar na Carreira Pedestre que organiza o Concello de Outes. Esta é xa a III edición desta actividade que se celebrou o pasado 17 de maio neste concello e que na Categoria B, na que participou Xabier, constaba de 1000m. Xabier acadou o 3º posto cun tempo de 3:55. Xabi trouxonos o seu trofeo ao cole para que todos os que non estivemos na carreira o poidesemos ver.Noraboa Xabi, segue así. Algún día esperamos verte nas Olimpiadas. Tendes máis información sobre esta noticia no blog de EF do centro.
jueves, 13 de mayo de 2010
DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS
Dentro da Semana das Letras Galegas, o xoves 13 de maio imos celebrar o Día dos Xogos Tradicionais no CEIP do PINDO. Pola tarde, despois de ler un manifesto de apertura, levaremos a cabo o"Roteiro dos Xogos Tradicionais". A continuación, e por ciclos, todos os rapaces faran unha pequena exhibición das súas habilidades co Trompo. Os máis pequenos do cole tamén participarán coas súas piolas.E xa sabedes rapaces, A PASALO BEN!
jueves, 6 de mayo de 2010
A REBELIÓN NERIA
EXCURSIÓN A RIBEIRA
O próximo 20 de maio @s rapac@s e mestr@s do CEIP do PINDO viaxaremos ao Concello de Ribeira como excursión de fin do curso 2009-2010. Nesta viaxe visitaremos pola mañá o "Parque Natural das Dunas de Corrubedo", grazas á Consellería de Medio Rural. Despois de comer no parque, pola tarde visitaremos o Dolmen de Axeitos. Esperamos que o pasedes moi ben e disfrutedes desta última excursión. Estades preparados...
UXÍO NOVONEYIRA - LETRAS GALEGAS 2010
Este ano 2010, o día das Letras Galegas está adicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA. No CEIP do PINDO, ímoslle facer unha homenaxe durante a Semana das Letras Galegas (10 ao 14 de maio)con distintas actividades. O luns ignaugúrase unha exposición sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra, o martes proxectarase unha película en galego, o mércores faremos un roteiro poético, o xoves realizaremos un circuito de xogos tradicionais e o venres, Festa das Letras Galegas. Acudiremos ao Concello de Carnota ao concurso literario e moito máis...
jueves, 29 de abril de 2010
FOTOS DA SEMANA DO LIBRO
Fotos, fotos e máis fotos. Este é un pequeno resumo fotográfico da Semana do Libro no CEIP do PINDO. Tedes fotos da "2º Exposición O meu libro favorito", dos traballos dos rapaces e da celebración do Día do Libro, o 23 de abril. Os rapaces leron os seus traballos: contos, poesías, lectura dun libro en inglés por parte dos nenos de EF e a representación do seu teatriño de monicreques. Esperamos que vos guste.
Fotos da excursión a Santiago
E MÁIS FOTOS. Aquí vos quedan algunhas das fotos que fixemos na excursión a Santiago o pasado 27 de abril. Esperamos que vos gusten.
Fotos da visita de Concha Blanco
Aquí tedes algunhas das fotos que fixemos o día da visita de Concha Blanco, o 22 de abril de 2010, dentro das celebracións da Semana do Libro. Dende aquí queremos dar a grazas a Concha pola súa colaboración desinteresada. Esperamos que pronto volva facernos unha visita. Grazas Concha.
domingo, 25 de abril de 2010
Fotos de Lotina cos rapaces do CEIP do PINDO
Lotina estivo no CEIP DO PINDO e contestou a todas as nosas preguntas. Unha persoa moi amable, cariñosa e cercana coa que pasamos unha tarde involvidable. Aquí vos quedan algunhas fotos de recordo.
sábado, 24 de abril de 2010
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O próximo martes, 27 de abril viaxaremos, como tiñamos previsto, a Santiago para facer a nosa visita trimestral. Lembrade que pola mañá visitaremos a Escola de Prevención de Riscos (ensinarannos educación vial, ergonomía, os perigos que debemos evitar nas cociñas da casa). Despois de comer no parque infantil " A Selva" iremos ao cine. Os nenos de Ed. Infantil e 1º Ciclo verán "Como entrenar a tu dragón" en 2D e os rapaces de 2º e 3º Ciclo verán "Alicia" en 3D. Disfrutade moito e pasédeo ben.
O pindo en imaxes
Check out this SlideShare Presentation:
O pindo en imaxes
View more presentations from Marares.
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
Check out this SlideShare Presentation:
Por qué llevais ocho partidos sin ganar? 2
View more documents from violeta Corujo.
Ceip do Pindo: Encontro con Lotina, o adestrador do Deportivo
Check out this SlideShare Presentation:
jueves, 22 de abril de 2010
AS ADIVIÑAS DO VENRES - NOME DE XOGUETES
Hoxe é o día do libro, 23 de abril. Aquí tedes as últimas adiviñas desta Semana do Libro neste curso. Estade moi atentiños e a pensar...
INFANTIL
Atada a una cuerda volaba y volaba
y un niño en la tierra la sujetaba.
1ºCICLO
Son mis fichas amarillas, rojas, azules y verdes,
si las comes y las pillas tú te cuentas hasta veinte.
2ºCICLO
Con caras muy blancas llenas de lunares
a unos damos suerte y a otros pesares.
3ºCICLO
Veintiocho caballeros ataviados de levita,
que se ponen en la mesa a jugar una partida.
INFANTIL
Atada a una cuerda volaba y volaba
y un niño en la tierra la sujetaba.
1ºCICLO
Son mis fichas amarillas, rojas, azules y verdes,
si las comes y las pillas tú te cuentas hasta veinte.
2ºCICLO
Con caras muy blancas llenas de lunares
a unos damos suerte y a otros pesares.
3ºCICLO
Veintiocho caballeros ataviados de levita,
que se ponen en la mesa a jugar una partida.
AS ADIVIÑAS DO XOVES- NOMES DE FROITAS
INFANTIL
Somos verdes y amarillas, también somos coloradas,
es famosa nuestra tarta y también puedes comernos,
sin que estemos cocinadas.
1ºCICLO
Agrio es su sabor, bastante dura su piel,
y si lo quieres tomar, tendrás que estrujarlo bien.
2º CICLO
Son de color chocolate, se ablandan con el calor,
y si se meten al hormo, estallan con gran furor.
3ºCICLO
Tiene ojos y no ve, tiene agua y no la bebe,
tiene carne y no la come, tiene barba y no es hombre.
Somos verdes y amarillas, también somos coloradas,
es famosa nuestra tarta y también puedes comernos,
sin que estemos cocinadas.
1ºCICLO
Agrio es su sabor, bastante dura su piel,
y si lo quieres tomar, tendrás que estrujarlo bien.
2º CICLO
Son de color chocolate, se ablandan con el calor,
y si se meten al hormo, estallan con gran furor.
3ºCICLO
Tiene ojos y no ve, tiene agua y no la bebe,
tiene carne y no la come, tiene barba y no es hombre.
martes, 20 de abril de 2010
AS ADIVIÑAS DO MÉRCORES - PERSONAXES DE CONTOS
Hoxe tedes que adiviñar personaxes de contos ¿Poderedes?
INFANTIL
Tres hermanos en su casa ven al lobo pasar,
y por mucho que éste sople no la consigue tirar.
1º CICLO
Todo cubierto con traje blanco,
cuando aparezco a todos espanto.
2º CICLO
Una madrastra la odia, una manzana la mata
un príncipe muy hermoso de la muerte la rescata.
3º CICLO
Mucho correr, mucho fregar y a sus hermanas trajes planchar
pero, al final ya lo verás, en el palacio se casará.
INFANTIL
Tres hermanos en su casa ven al lobo pasar,
y por mucho que éste sople no la consigue tirar.
1º CICLO
Todo cubierto con traje blanco,
cuando aparezco a todos espanto.
2º CICLO
Una madrastra la odia, una manzana la mata
un príncipe muy hermoso de la muerte la rescata.
3º CICLO
Mucho correr, mucho fregar y a sus hermanas trajes planchar
pero, al final ya lo verás, en el palacio se casará.
lunes, 19 de abril de 2010
AS ADIVIÑAS DO MARTES - PROFESIÓNS
INFANTIL
Con una manguera casco y escalera,
apago los fuegos y las hogueras.
1º CICLO
Con madera de pino de haya o de nogal,
construyo los muebles para tu hogar.
2º CICLO
La cartera, compañera, me acompaña con frecuencia,
voy de portal en portal llevando correspondencia.
3º CICLO
Ni torcida ni inclinada tiene que estar la pared,
para eso tengo plomada y me ayudo con el nivel.
Con una manguera casco y escalera,
apago los fuegos y las hogueras.
1º CICLO
Con madera de pino de haya o de nogal,
construyo los muebles para tu hogar.
2º CICLO
La cartera, compañera, me acompaña con frecuencia,
voy de portal en portal llevando correspondencia.
3º CICLO
Ni torcida ni inclinada tiene que estar la pared,
para eso tengo plomada y me ayudo con el nivel.
domingo, 18 de abril de 2010
AS ADIVIÑAS DA SEMANA DO LIBRO
Durante toda a semana colgaremos no Blog unha serie de adiviñas cunha temática diferente cada día para que tentedes solucionalas. Se atopades a solución, deixadea rexistrada nos comentarios cos vosos nomes ou o nome da vosa aula. O martes colgaremos as novas adiviñas e as respostas das do día anterior. Sorte e todos a pensar...
AS ADIVIÑAS DO LUNS - ANIMAIS
INFANTIL
Una adivinanza te voy a poner a ver si adivinas lo que es:
Tiene dos patitas y no tiene pies, plumas de colores y pico también.
Cuando tiene hambre suele decir "pío", cuando tiene frío se mete en el nido.
1º CICLO
Tiene famosa memoria, gran tamaño, dura piel,
y la nariz más grandota que en el mundo pueda haber.
2º CICLO
Adivina quién soy yo: al ir parece que vengo,
y al venir, es que me voy.
3º CICLO
Tengo tinta, tengo plumas y brazos tengo, además,
pero no puedo escribir porque no aprendí jamás.
AS ADIVIÑAS DO LUNS - ANIMAIS
INFANTIL
Una adivinanza te voy a poner a ver si adivinas lo que es:
Tiene dos patitas y no tiene pies, plumas de colores y pico también.
Cuando tiene hambre suele decir "pío", cuando tiene frío se mete en el nido.
1º CICLO
Tiene famosa memoria, gran tamaño, dura piel,
y la nariz más grandota que en el mundo pueda haber.
2º CICLO
Adivina quién soy yo: al ir parece que vengo,
y al venir, es que me voy.
3º CICLO
Tengo tinta, tengo plumas y brazos tengo, además,
pero no puedo escribir porque no aprendí jamás.
jueves, 15 de abril de 2010
LOTINA visita o CEIP do PINDO
O próximo 19 de abril, o adestrador do Deportivo de A Coruña, Miguel Ángel Lotina vai visitar o CEIP do PINDO, en Carnota. Lotina contestará ás preguntas dos rapaces de Carnota nun acto organizado pola Peña deportivista A Moa de O Pindo. Preparade as vosas preguntas e animádevos a facerlle moitas preguntas.
miércoles, 14 de abril de 2010
II Exposición "OS MEUS LIBROS FAVORITOS"
A partir do próximo luns 19 de abril, como conmemoración da Semana do Libro no CEIP do PINDO, abrirase a exposición denominada "Os meus libros favoritos". Este é o segundo ano no que se leva a cabo esta actividade de animación á lectura que resulta moi motivadora e lúdica a todos os alumnos e alumnas do centro. Cada nen@ trae á escola o seu libro favorito para recomendalo aos seus compañeiros. Estos libros permanecen expostos na entrada do centro durante toda a semana para ser visitados por todos aqueles que o desexen. Non deixedes pasar a oportunidade e animádevos a visitarnos!
EXCURSIÓN A SANTIAGO
O día 27 de abril, todos os nenos e nenas do CEIP do PINDO, acompañados polos mestres, faremos unha excursión a Santiago de Compostela. Pola mañá visitaremos a Escola de Prevención de riscos laborais e despois comeremos no parque de bólas "A Selva". Pola tarde iremos ao cine, para probar as sensacións do novo cine en 3D. Agardamos que vos guste e disfrutedes a tope!
Pinchade na foto e veredes información sobre Santiago de Compostela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)